Segundo os seus estatutos o fin primordial do Centro é o de contribuir coa súa aportación ao fomento e promoción da cultura galega en Alemania. Para isto desenvolverá actividades culturais (promoción da cultura galega a través de clases de baile rexional, de historia galega, conferencias, películas, música…); Sociais (fomento de relacións con outras asociacións ou persoas) e recreativas (excursións, visitas a monumentos históricos e museos, festas, actividades deportivas e sobre todo, promocionar sesións onde actúen grupos ou persoas de folclore, literatura ou arte galega.