Moitas e diversas son as actividades que se realizan cada ano neste centro:
- Cursos de idioma galego
- Cursos de confección de traxes rexionais
- Cursos de pintura
- Cursos de danza, música, canto e pandereta
- Concursos
- Excursiones didácticas
- Conferencias
- Reunións gastronómicas
- Carnaval infantil y xuvenil
- Carnaval para maiores
Manteñen o grupo de gaitas, “O Noso Lar” e a coral “Canta con Nos”. Esta última ten actuado en diversas cidades europeas (Kiel, Hamburgo, Frankfurt, Nürnberg, Güterslch, etc) e participa todos os anos no Certame de Villancicos da cidade de Cuxhaven. Asímesmo, contan cun equipo de fútbol que participa en ligas locais.
Entre as actividades recreativas destacan as celebracións do Día de Galicia, Festas de Carnaval, Festa da Hispanidade, Festa de Pascua, Festa do Emigrante, Festa do Marisco, etc., ademais de participaren nas xuntanzas e actividades que organiza a Coordinadora Federal de Asociacións Galegas de Alemania.